martes, 22 de enero de 2013

Los que tienen mucho dinero podrán denunciar a los que no les paguen

Noticia publicada en La Voz de Galicia.
"Audasa podrá sancionar a los mil coches que se saltan el peaje al mes. Interior da «valor probatorio» al personal de las concesionarias".
http://bit.ly/SeVRI8  Carlos Punzón; Redacción / La Voz  07 de enero de 2013 18:15

Ellos
De momento ellos denuncian y el Estado ejecuta (la denuncia y el cobro).
¿Cual será el siguiente paso?
Uno.- El estado pasa a depender de ellos y es llamado 'Departamento de cobros'
Dos.- El Estado desaparece y es el Departamento de cobros de 'ellos' el que 'aplica las leyes y las ejecuta'.
Tres.- Se nos hinchan los cojones y quemamos todas las cabinas de peaje de todas las autopistas.
Cuatro.- El Estado recupera su viejo papel de 'servir al pueblo' y empieza a poner las cosas en su sitio.

Lo que no se plantea es la causa de porqué mil coches se saltan el peaje al mes. Eso NI SE PLANTEA. Faltaría más que 'ellos' se planteasen que algo del problema tiene que ver con esa manera de hacer!

¿Y nosotros?
¿Nos planteamos nosotros si algo de lo que ocurre tiene algo que ver con nuestra manera de hacer?
La tendencia natural del Ser Humano es buscar culpables mirando hacia afuera (jamás pensamos que algo de lo que ocurre puede tener que ver con lo que nosotros hacemos). Simplemente cada uno vemos como está el mundo ahí afuera y actuamos en consecuencia.
Y nuestra conclusión inequívoca es que 'el mundo que está ahí afuera' es el que tiene que cambiar.
Y encontramos responsables de esa situación por doquier. Y tenemos clarísimo lo que tienen que hacer.

A lo mejor en esto de la AP9 me/nos está pasando algo de eso que cuento.
A lo mejor he/hemos hecho algo (o estamos haciendo algo) que hace que las cosas estén (sigan) así.

Considero fundamental mantener la premisa de la No Violencia.
Pero posiblemente sea igual de fundamental hacer la Rebeldía y no aceptar aquello que no consideramos correcto.

Como lo veo
Todo el poder económico ha ido montando un entramado 'a base de difundir en los medios todo un mundo de noticias y argumentos'. Y a fuerza de irlos contando repetidamente en los medios de comunicación han ido consiguiendo que 'aceptemos que las ruedas de molino son para comulgar'. Que se las mete en la boca y con paciencia dándoles con la lengua ya se van deshaciendo.

Pero creo firmemente que las cosas pueden ser muchíiiisimo mas sencillas. Que ni fueron necesarias las fusiones de bancos, ni tiene que ser el Banco Santander (cuyo presidente es como Alí Babá, y no parece conformarse con nada que no sea quedarse con todo el Botín) se vaya fagocitando todas las entidades bancarias españolas ... y una buena parte de las extranjeras.

No alcanzo a ver cual es la solución.
Pero juraría que sí veo que como estamos haciendo No es solución.

Vigo a 22 de Enero de 2013

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Flashmob nos peaxes da AP9


Dicía na entrada anterior que “As accións violentas, viscerales, enfrentan-nos coas persoas que temos ahí mesmo, ó noso alcance. E esta Rebeldía non é contra ningunha desas persoas que podemos ter así de cercanas.”
Coas persoas que teño ahí cercanas, o que quero é pasalo ben. ¿É posible rebelarse contra os lonxanos e ocultos pasándoi ben cos que temos cercanos e claros? Pois nono sei. Pero alomenos podemos intentalo.
Xa sabemos que somos quen de romper unhas pedras no riñon dun paciente que está cómodamente metido nunha bañeira de auga templada. A auga móstrase moi agradable á piel do paciente, pero as ondas que pola auga viaxan son moi agradables coa pel do paciente (ahí cercana en contacto directo) pero son totalmente incisivas ó chegar á pedra que queremos romper.
A nivel materia e auga iso é posible. A nivel persoas, si temos en conta que somos casi todo auga, ó mellor hasta é posible tamén. Propoño que pensemos cousas, actividades, nas que non usemos a violencia sinón a diversión, o entretenemento; que o pasemos ben coa xente coa que estamos, pero que faigamos esa Rebeldía que lles chegue con toda a forza a eses ós que queremos que lles chegue.
Proposta número un.
Un Flashmob nos peaxes da AP9.
Propoño quedar a unha hora nos peaxes da AP9 e ter sintonizado na radio unha emisora concreta que emita música para nós. Ó chegar á peaxe, declarámonos en Rebeldía e, como non nos deixan pasasr, pois abrimos as portas do coche e dámoslle volumen á radio. En canto sexan 15 ou 20 coches coas portas abertas e todos interpretando a mesma música, teremos montado un campo de festa con altavoces en cada coche.
Xa podemos bailar ó son da música. Xa podemos tocar instrumentos acompañando ó que soa pola radio. Xa podemos facer un baile de pandeiretas. E xa podemos ílo retransmitindo polas redes sociáis.
A xente da autopista, a guardia civil de tráfico, e todo aquel que queira está cordialmente invitado a participar da festa.
O que non sei ahora é como acabala (a festa).
Imos a pagar como xente obediente?
Representamos o número, grabámolo, difundímolo e deixámolo ahí?
Pode ser. É unha opción.
Pode ser unha maneira suave de ir indicando que a cousa xa está madura para ir rompendo hacia o outro lado (hasta ahora parece que só ven rompendo hacia este lado).

Contra quen esta Rebeldía?


Unha Rebeldía coma esta, onde o interlocutor contra o que nos estamos rebelando está tan lonxano e tan, tan oculto, non se presta para nada a accións violentas. As accións violentas, viscerales, enfrentan-nos coas persoas que temos ahí mesmo, ó noso alcance. E esta Rebeldía non é contra ningunha desas persoas que podemos ter así de cercanas. Non é contra os empleados de Audasa. Non é contra a Guardia Civil (non contra eses guardias que temos ahí diante enfrentados a nós). Non é contra a policía (non contra eses policías que azuzaron para vir a darnos de hostias).
Esta Rebeldía é contra os propietacios, accionistas, dirixentes de Audasa. Eles saben ben que a AP9 xa non lles pertence. Tamén saben que é un maná de cartos que entran en caixa igual que sae o vómito cando unha comida senta mal; como saen as heces nunha diarrea. É tan grande a entrada de cartos que non son quen de pensar en nada mais que non seña como manter ou aumentar semellante descomposición. Ainda que saben, sábeno ben, que nada de todo ese diñeiro roubado á xente lles pertence.
Esta Rebeldía é contra os que, dendo goberno, fan de interlocutores con estes dirixentes de Audasa. Estes son cargos electos ou postos a dedo, que ou xa son parte do grupo de propietarios accionistas de Audasa; ou pasan a selo logo de firmar os convenios que consideren pertinente pois eles teñen claro que 'eles non son pueblo'. Teñen claro que o pueblo son esa morea de xente que pasa polas peaxes e que ganan o pan co sudor das suas frentes. E que eles non son pueblo. Eles non son 'xente de a pé'.
Eles son os que deciden o que hai que darlle á xente, e como dárllelo. Saben ben como usar os medios de comunicación (no manexo da tele son auténticos maestros do ilusionismo de masas) para que esa 'xente de a pé' vaian chegando ás conclusións que eles xa decidiron para nós.
 
Esta Rebeldía é contra os que dirixen ás forzas de seguridade do estado. Estes entenden que a sua misión é a de defender e facer cumplir as leis. E dan por feito que esas leis son as que se deben facer cumplir pois, supostamente, esas leis emanan do pueblo soberano.
En tempos de dictadura eles impoñen a lei; e se sinten parte desa mesma lei que impoñen pois a dictadura dalles poder. En tempos de democracia … cos seus mais e os seus menos … a maioría da 'xente de a pé' entende ou acepta que se debe funcionar dunha maneira e o traballo destes corpos limítase a manter ós marxinados da sociedade de consumo á marxe desa sociedade que nos ensina a tele.
E nos tempos actuáis, supoño que deben andar bastante confusos. Porque xa a ninguén se lle escapa que as leis non emanan do pueblo. Que as leis non son mais que unha pantomima que se segue a representar como si nada houbese pasado. Que neste matrimonio adúltero entre banqueiros e xente adiñeirada e políticos que non se consideran 'xente de a pé' non se xeneran mais que fillos bastardos en forma de leis que non persiguen outra cousa que permitir que 'os que non teñen mais que diñeiro' sigan a acumular diñeiro mentras que a 'xente de a pé' non lle dan mais opción que mendigar.

Nun punto sempre delicado está o poder xudicial. En principio esta Rebeldía non é contra ese poder. A cuestión está en que este poder non sempre é capaz de manter o debido equilibrio e ecuanimidade. Os procesos que se seguen para alcanzar os postos de relevancia dentro deste poder, fan que as persoas que ahí chegan poidan ter, en moitos casos, unhas vidas bastante alonxadas do que é a vida cotidiana de moita da 'xente de a pé' e moito mais cercana a eses que teñen claro que 'eles non son pueblo'. Ademáis, pola responsabilidade dos seus cargos, os pagamos ben co que os separamos mais ainda da 'xente de a pé' e os acercamos ós que 'eles non son pueblo'. Todo un problema.

Todo o anterior fai que un nunca teña moi claro si esta Rebeldía vai tamén contra o poder xudicial ou non. E o problema aquí é que fácilmente se pode chegar a que “Si dicta ó meu favor, acepto: Esta Rebeldía acata o que o poder xudicial dicta. Pero si dicta en contra, é que vive alonxado da realidade social polo que esta Rebeldía vai tamén en contra do poder xudicial”.
E este é un punto complexo ó que non lle vexo unha solución … ecuánime.



Xoves 27 dec 2012

A cousa non a poñen doada (Imposible reclamar na web da DGT)


Non fun quen de facer entrar o escrito de reclamación na web da dgt (Dirección General de Tráfico). Pide certificado dixital (que teño) pero logo vólveo a pedir pero xa nunha ventá propia da aplicación, e ahí xa non atopa o certificado. ¿Estamos ante un erro que non puido ser evitado ... ou ante un erro provocado que limita que o cidadán poida poñer reclamacións? Penso que ante o segundo caso. Non interesa dar facilidades para que a xente reclame.
E sí interesa dar facilidades para que a xente pague. Para pagar as multas ni certificado dixital nin tarambina de gaitas! Unha tarxeta de banco con saldo e xa está! Estas novas tecnoloxías TIC son fantásticas. Só é cuestión de decidir que deixar facer con elas e que non deixar facer con elas. Queres pagar ... Xa mesmo!  Que queres reclamar ... A ver si atopamos a maneira de facelo ... porque esto das TIC sonche moi complicadas!


A cuestión é que logo de intentalo repetidamente e ver que non podía poñer a reclamación, decidín que ó mellor non era mala idea o pagar as catro multas. 4 multas a 40€ por pronto pago son 160€.
A reclamación a iban a pasar polo forro dos ... e me iban a quitar da conta 320€.


Entón decido que as contas que faigo son:
- Dou por gastados os 320€ que me cobrarían de haber entrado a reclamación. 
- Que non me collesen a reclamación non quere dicir que non lles entrase a eles -que seguro que sí lles entróu- e polo tanto quen ten que enterarse do contido da reclamación xa se enteróu. O que con ela decida facer xa queda fóra do meu alcance.
- Eu só paguei 160€
-  Quédanme entón 160€ de saldo a meu favor que me poden valer para outro acto de Rebeldía contra a AP9 cando sexa pertinente.
¡Ás veces, para poder chegar un pouco mais lonxe, convén dar un paso á trais e coller arrincada!
Paguéi estas multas, pero sigo tan en Rebeldía como o primeiro día!

Xoves 27 dec 2012.

viernes, 14 de diciembre de 2012

Reclamación polas multas do día 26/11/2012

O luns 26 de novembro'12 foi o dia que decidín pasar á acción, onde acción é algo máis que dicir "temos que facer algo".

A situación nas peaxes foi un pouco extraña porque non me collen os datos e me denuncian por non pagar a peaxe. Non. Déixanme quedar alí parado no carril de peaxe, cerran a barreira de atrais (como nos carrís que non están abertos) e chaman á Guardia Civil de tráfico que me denuncia por "COMPORTARSE INDEBIDAMENTE EN LA CIRCULACION ENTORPECIENDO LA MISMA, CAUSANDO PERJUICIOS Y MOLESTIAS INNECESARIAS A LAS PERSONAS O DAÑOS A LOS BIENES, PERMANECIENDO PARADO EN EL PEAJE SIN HACER EL PAGO DEL MISMO ENTORPECIENDO A LOS DEMÁS USUARIOS QUE PRETENDEN ACCEDER A EL"
Todo esto resultame curioso porque o que eu non pague non lles dá dereito a reterme alí. E moito menos a denunciarme porque eles me teñen alí retido. ¡Gustaríame ver onde a ley lles dá tales atribucións ós empleados de Audasa!

Ben. Ó que vou. Incluo a continuación o escrito que pretendo presentar na web da DGT (https://sede.dgt.gob.es/sede/faces/paginas/pec/pec.xhtml?tit=%22Presentaci%C3%B3n%20de%20escritos%20y%20comunicaciones%20con%20certificado%20digital%22) ainda que, de momento nono conseguín (parece que a aplicación da DGT non se entende co Certificado Dixital que lle presenta Firefox 17.0.1 de Mac). A ver si consigo que entre a tempo (20 dias naturáis). Ainda que logo ... pois eu que sei!
Si imos sendo moitos terán que facer algo con nós. Si son eu só. ... pois trincaranme e punto.

ESCRITO DE ALEGACION:
" Razones de responsabilidad social me han llevado a crear el foro #RebeldíacontraaAP9 (Rebeldía contra la autopista AP9: http://rebeldiacontraaap9.blogspot.com.es/) por ser esta una autopista que ya ha sido amortizada (tanto en el primer plazo de construcción de los tramos principales de Coruña a Santiago y Santiago Vigo, como en los de ampliación de circunvalación de Santiago y de unión en Vigo con la nacional 120 de Vigo a Orense).
En un proceso nada claro y que considero que ha sido un fraude al pueblo desde el poder político, esta autopista, en vez de pasar a ser pública o de pago pero siendo el estado el que recauda, ha seguido en manos privadas de un ente que se ha cuidado bien que ni se sepa qué ente es este.
Como el poder político ya no representa al pueblo (lo citado antes no es mas que un ejemplo, pero no el único) si no que se pliega a los intereses de un siempre oculto poder económico, es obligación de aquellos del pueblo que tenemos formación y capacidad, (soy universitario y el propio estado ha financiado mis estudios desde el bachiller hasta finalizar la universidad) actuar y promover movimientos que, manteniendo el principio indiscutible de la no violencia, devuelvan la soberanía al pueblo en aquellos aspectos en los que le ha sido usurpada y esto pueda ser realizado de un modo no violento.
Es por ello que me declaro en Rebeldía contra la autopista AP9 negándome a pagar por usar una vía que ya es pública.

Y entrando ya en la multa (las 4 multas -dos de ida Vigo Rianxo y dos de vuelta-) que pretendo reclamar en este escrito he de alegar que:
1- Yo he decidido no pagar el peaje en la autopista.
2- Pero han sido empleados de la autopista los que me han impedido seguir mi camino. Ellos pueden tomar mis datos y proceder en mi contra y con eso no se entorpece la circulación. Que entiendo que sería lo lógico.
Exagerando un poco, podrían haber decidido incendiar mi coche y luego denunciarme por poner en peligro a los otros coches que en ese momento circulan por la autopista.
3- Por lo tanto considero que no soy en absoluto responsable del motivo de tal sanción: soy víctima de haber sido retenido (como para que luego se me denuncie a mi como supuesto infractor).
4- Y DENUNCIO a Audasa por haberme retenido contra mi voluntad (pueden denunciarme, pero no pueden retenerme).
5- Entiendo que la Guardia civil de Tráfico siga actuando como si esta fuese una autopista 'normal' de pago pues así se nos ha querido hacer entender desde el poder político.

Antes de finalizar, deseo expresar mi agradecimiento por el comportamiento que todos los agentes de la Guardia civil de tráfico han tenido conmigo en este penoso tema.
Gracias a todos ellos.

Y finalmente:
1- Reclamo la nulidad de las sanciones que me han sido impuestas. Y
2- Denuncio a Audasa por haberme retenido contra mi voluntad (el que yo no abone el peaje no les da derecho a tal retención). Y pido que desde los poderes públicos a los que corresponda se tomen las medidas pertinentes contra este comportamiento.

Atentamente

Xulio Fernández Hermida

Los números de expediente de las sanciones son:
360700944573
360700944743
360700945036
360700945073
Todas del día 26/11/2012 y de las 10:03h, 11:30h, 19:13h y 20:27h"


Ah!

O que non ten desperdicio é a NOTA INFORMATIVA que me dan cando nas peaxes indico que non vou a aboar a peaxe.
Dice, dice, pero non te creas que sei moi ben o que dice!! ¿É que dice algo?

lunes, 10 de diciembre de 2012

Gráficos para usar na Rebeldía contra a AP9

Imaxe da campaña

A imaxe desta campaña é a que figura na portada deste blogue.

Imaxe e explicación

Diseñamos outra coa explicación da campaña (Acabóuse pagar! Esta autopista xa é nosa.).
Con 7 palabras mais aclaramos
- a Acción que imos a realizar: Non imos a pagar as peaxes, e
- a Razón pola que o facemos: A autopista xa é nosa (e non imos a pagar por usar algo que xa é noso).

domingo, 9 de diciembre de 2012

Xuntar enerxías para disfrutar da autopista AP9 gratuitamente

Xuntar enerxías para disfrutar da autopista AP9 gratuitamente

Poño en marcha este blog como apoio ó intento de xuntar as enerxías que son precisas para disfrutar da autopista AP9 gratuitamente, como nos merecemos logo de habela pagado ben.
Fai anos que estou indignado coa maneira de facer de Audasa, a empresa que administra esta autopista, pola sua maneira de facer.

Antecedentes
Fai ainda moitos mais anos, estando a pagar un peaxe automático, coa tarxeta que naquel tempo usaban, e que se me había atascado, a persoa que acudíu a atenderme contóume o caro que lles saía o sistema de tarxetas (que eran dun formato propio). Eu, con formación de enxeñeiro, suxerínlle que por que non usaban unha tarxeta estandard tipo visa. A él parecéulle boa idea e me dixo de enviar a suxerencia por escrito. Así o fixen. Un tempo despois recibín un sobre procedente de Audasa con unha garabata de autopistas (penso que a mesma que ainda usan hoxe). E un tempo despois cambiaron o sistema de tarxetas polas tipo Visa. ¡que ben!

 Si antes a autopista me era indiferente, a partir de este momento, érame agradable.¡Queríalle ben a Audasa! Non coñecía a ninguén dentro da empresa, pero érame agradable. Anos despois, como no laboratorio traballamos en temas de recoñecemento de imaxe, e habíamos desenrolado unha aplicación de recoñecemento de matrículas, intentéi poñelo en coñecemento de Audasa e incluso poñerme en contacto directo con alguén a quen poder ensinarlle o noso invento. ... e nada. Ninguén ó outro lado. ¡que magoa! porque penso que houbese sido interesante para todos; para eles e para nós no laboratorio.

E noutra ocasión (non sei si antes ou despois da anterior), cando se intentaba darlle pulo ás tarxetas monedero (as que levan un chip e que podes precargar e logo facer pagos con elas -en Vigo úsanse nos autobuses de Vitrasa-) volvín a enviarlles unha suxerencia: ¿Por qué non permitían o uso de tarxetas monedero para o pago da autopista? Esa facilidade conseguiría fácilmente que moitas persoas adultas xa non xoves, se apuntasen a ter unha tarxeta monedero. E con elo que estas se popularizasen co beneficio social que iso pode supoñer. Novamente silencio total.¡Que mágoa! Pero todo esto non é mais que historia previa.  

Historia anterior
Como historia mais anterior, teño que remontarme a cando tiña eu poucos anos (¿10? ¿14? Si. Supoño que por ahí.) e se estaban a facer as expropiacións dos terreos polos que pasaría a autopista. E falabamos do problema que supoñía o facer unha autopista; que por un lado unía (ou acercaba) cidades, pero que por outro separaba pobos (pobos que de ser veciños pasaban a estar moi separados pois unha autopista cruzaba entre eles).
Esta era a historia da autopista como vía de comunicación.

Pero había outra historia que era quen tiña diñeiro abondo para asumir un custe tan grande como supón facer unha autopista. Teñamos en conta que eu era un neno dun puebliño pequeno (alí non lle chamábamos pobo sinón pueblo) chamado Nois no medio da costa de Lugo (entre Foz e Burela :-).
 E ahí falábase de que un consorcio de bancos poñían o diñeiro para construir a autopista. E que para recuperar a inversión, o estado lles permitía cobrar por usar a autopista durante 25 anos tralos cales a autopista pasaría a ser pública e xa sería como unha carreteira mais.
Tamén se dicía que podía ser que os estado decidise seguir cobrando; e neste caso sería como un imposto que pagarían os mais ricos (os pobres non usan a autopista). E con iso incluso construir videoclubs ou outras infraestructuras das que dispoñen nas cidades e das que non dispoñíamos nos pobos.
Até aquí todo ben. Unha autopista coas suas vantaxes e os seus inconvintes.  

Campanadas de alerta
A primeira campanada de alerta sóame cando, pasados os 25 anos que a autopista xa debe pasar a ser gratuita, o goberno galego lle concede 5 anos mais de explotar a autopista a cambio de construir os tramos de circunvalación de Santiago e o de unión en Vigo coa carretera de Ourense.
Ben. Soa a campana, pero ten sentido. ¡Esperaremos 5 anos para poder disfrutar da autopista gratuíta!

 O que xa non encaixa de ningunha maneira é cando pasan esos 5 anos e ... a autopista non pasa a ser gratuíta; ... tampouco é o estado quen sigue a cobrar (para costear videoclubs nos pobos que quedaron separados por culpa de esa autopista)... sinón que ... non se sabe moi ben qué ou quén é ahora o/os donos da autopista que nos seguen a cobrar por pasar por ela.
Recordo que estamos no último goberno de Fraga. E que si ahora a autopista é ... dunha financiera americana!
¡Isto non tén nin pés nin cabeza!
¡Agora pagámoslle a unha financiera americana por usar A NOSA AUTOPISTA!!!!

¿E quenen son os que reciben a pasta desta financiera americana que recauda nas peaxes ca nosa autopista? ¿Algún americano de Dallas que co que eu pago de peaxe vai a facer unha boda á filla inspirado na da filla de Aznar?
¿É iso o que eu estou a pagar coa miña peaxe? ¿a boda dunha rica americana en vez do videoclub dos pobos limítrofes coa autopista?

 Bueno.
 Respiremos unhas cantas veces.
 Volve a pensalo ben, porque pode que non seña así.
 ...
 Xa paréi.
 Xa penséi.
 Xa reflexionéi.

E xa me decatéi que a financiera pode ser americana ou neozelandesa, pero esa filla da boda pode ser hasta de Lalín! E seu pai da Gudiña!

E non me vale.

Pasamos á acción
E entón declárome en reveldía.
Non vou a pagar mais as peaxes da autopista AP9.
Isto non está sendo o que tiña que ser.

E ahora empeza unha nova historia. Esta xa en presente.

 ¿Que pasa cando decido que non pago a autopista (pois xa está pagada)?
 Iso queda para a próxima entrada.